Aceites

Dicir que o Aceite de Oliva de Olivamía é Virxe Extra significa poñerlle un apelido do que nos sentimos realmente fachendosos.

Cada tempada seleccionamos as mellores partidas, ofrecendo unha ampla gama dos mellores aceites de oliva, desde un aceite afroitado, fresco e suave, ata un de intenso e forte sabor.

Temos a sorte de vivir todo o proceso dos nosos aceites, desde o campo ao lagar, coidando sempre as variedades de olivas seleccionadas e os cultivos ecolóxicos.

En Olivamía podes atopar estas variedades en diferentes envases, adaptándonos ás necesidades de cada consumidor. Por iso, queremos que os sabores da nosa mesa, esa esencia da nosa gastronomía, se trasladen á túa.

A nosa terra sabe a Aceite de Oliva Virxe Extra.

E que gran sabor:

  • Aceite Premium Melior
  • Aceite Ecolóxico
  • Aceite Olivamía